Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Estima-te

22 octubre, 2020 @ 18:00 - 20:00

Continuamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS«, desta vez de xeito virtual, poñendo en marcha a segunda sesión, de tres, deste estupendo obradoiro:
ESTIMA-TE
Autoestima coma sinónimo de «quererse?» Como medida do ben que me sinto? Como indicación de cales serán os meus logros?
Pode haber un pouco de todo isto, pero hai moito máis detrás. Ao longo destes tres encontros desmitificaremos o concepto de autoestima, entendendo cales son as súas bases, como recoñecernos nel e como desenvolvelo cas nosas fillas e fillos. Tamén falaremos de como inflúe a adopción nas familias a este respecto e como varía ao longo das diferentes etapas evolutivas.
Estimas-te?
Dirixido por:
LETICIA F. RIVERO. Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. www.unoterapias.com
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.
  • DATA: 22/10/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Esta actividade está composta de tres sesións, unha o mes en maio, xuño e xullo.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Fecha:
22 octubre, 2020
Hora:
18:00 - 20:00