Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ferrol – O progreso e a diversidade cultural

23 julio, 2019 @ 17:00 - 19:00

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ferrol co segundo obradoiro, dunha serie de tres, a cargo de AFROGALEGAS:

O PROGRESO E A DIVERSIDADE CULTURAL

Con este obradoiro pretendemos facer unha análise empírica dos descubrimentos e achegas que cambiaron a humanidade, pero aos que non se lles deu tanta visibilidade.

CARMEN PAULO DE ARAGÃO e LÚCIA GORETH PAULO DE ARAGÃO
Carmen é estudante de dereito e Lúcia de socioloxía, e ambas son activistas de Afrogalegas.

AFROGALEGAS: Afrogalegas é un movemento independente en pro da diversidade, recoñecemento, irmandade, empoderamento e reivindicación da poboación de mulleres negras que residen en Galicia. Desde Afrogalegas, traballamos para dar(nos) visibilidade, compartir historias reais e crear un discurso de respecto a partir da formación e dinamización de accións sociais. www.facebook.com/Afrogalegas/

  • DATA: 23/07/19
  • HORA: 17:00 – 19:00
  • LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
23 julio, 2019
Hora:
17:00 - 19:00

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Rúa Poeta Pérez Paralle
Ferrol, Coruña 15401 Spain
+ Google Map