Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

25 de Maio – Ferrol – Obradoiro: Conectarnos. Apego, emoción e comunicación

25 mayo, 2017 @ 17:00 - 19:30

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ferrol cun obradoiro a cargo de Laura Toimil, Psicóloga, e Lucía Vaquero, Educadora Social, sobre:

– Conectarnos. Apego, emoción e comunicación

Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Algunhas cuestións relativas ao abandono e apego
• Máis alá da conduta : metas/crenzas erróneas ; retos, condutas e causas; pautas de comunicación
• Valida as miñas emocións: xestión e identificación; recursos, exemplos prácticos.

DATA: 25/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

LAURA TOIMIL
Psicóloga e Orientadora Laboral. Terapeuta Familiar. Especialista en Terapia Narrativa. Experta en Clínica e Intervención en Trauma. Experta en Medicina Psicosomática e Psicoloxía da Saúde. Experta en Trastornos Alimentarios.

LUCÍA VAQUERO
Educadora Social. Especialista en Intelixencia Emocional. Experiencia con menores en situación de risco e exclusión social, en centros de protección á infancia. Directora de Tempo Libre. Formación en arte e cultura para a intervención social, disciplina positiva; trastornos do apego…

Detalles

Fecha:
25 mayo, 2017
Hora:
17:00 - 19:30

Local

Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Rúa Poeta Pérez Paralle
Ferrol, Coruña 15401 Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario