Cargando eventos

« Todos os eventos

Grupo de familias con adolescentes adoptadas/os

Novembro 25 @ 18:00 - 20:00

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS”, de xeito virtual, continuando co:
GRUPO DE FAMILIAS CON ADOLESCENTES ADOPTADAS/OS
O grupo está enfocado para familias con adolescentes adoptadas/os, e ten como idea primordial poñer ao voso dispor un espazo onde compartir, acompañar, preguntar… e, en definitiva, aprender unhas das outras.
Dirixido por:
PARADOXO Centro de psicoloxía especializado en adopción.
Formado por Magdalena Otero Martínez e Nuria Lago Fernández, Psicólogas, Terapeutas Familiares Sistémica e Postgraduadas en Acollemento, Adopción e Postadopción pola Universidade de Barcelona en convenio coa Universidade Ramón Llull.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 25/11/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Este grupo terá unha duración de tres meses (polo de agora).
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Data:
Novembro 25
Hora:
18:00 - 20:00