Cargando eventos

« Todos os eventos

Grupo para familias afectadas por adversidade temperá

Novembro 11 @ 18:00 - 20:00

Despois dunhas merecidas vacacións retomamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS”, de xeito virtual, continuando co:
GRUPO PARA FAMILIAS CON NENAS, NENOS E ADOLESCENTES QUE SUFRIRON ADVERSIDADE TEMPERÁ
O grupo está enfocado para familias con nenas, nenos ou adolescentes adoptados que sufriran calquera tipo de adversidade tempera, e ten como idea primordial poñer ao voso dispor un espazo onde compartir, acompañar, preguntar… e, en definitiva, aprender unhas das outras.
Dirixido por:
EDUARDO BARCA ENRIQUEZ
Psicoterapeuta infanto-xuvenil e Psicólogo Xeral Sanitario, Especialista en Adopción e Post-adopción, Traumaterapia Infantil Sistémica (Rede Apega – Formado con Jorge Barudy) e dificultades de aprendizaxe e conductuais en nenas e nenos vítimas de malos tratos, abuso e/ou neglixencia. Director de BOGA Psicólogos (A Coruña). Doutor en Psicoloxía pola UVigo cunha tese sobre as dificultades conductuales e cognitivas na adopción segundo as súas vivencias temperás. Profesor Universitario e Investigador na Universidade da Coruña desde 2009. Co-autor en distintos libros: “ Neuropsicología del Abandono y el Maltrato Infantil” e “Motivación y Aprendizaje Escolar”.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 11/11/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Este grupo terá unha duración de tres meses (polo de agora).
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Data:
Novembro 11
Hora:
18:00 - 20:00