Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Grupo para familias na espera

13 noviembre, 2020 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», de xeito virtual, continuando co:
GRUPO PARA FAMILIAS NA ESPERA
O grupo está enfocado para familias en calquera momento do proceso adoptivo, en inicio ou espera, e ten como idea primordial poñer ao voso dispor un espazo onde compartir, acompañar, preguntar… e, en definitiva, aprender unhas das outras. Estará dirixido por:
ANA MARÍA SIEIRO MORAL
Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa deIntegración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. É docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día 15 e recibiredes un correo ca invitación e as indicación para unirse.
  • DATA: 13/11/20
  • HORA: 17:00 – 19:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Este grupo durará ata final de ano (polo de agora).
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Fecha:
13 noviembre, 2020
Hora:
17:00 - 19:00