Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo – Obradoiro: Disciplina Positiva 3/3

16 abril, 2019 @ 17:00 - 19:00

ACTIVIDADE MUDADA DE DATA POR MOR DO FESTIVO DO DÍA 19
——————————
Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Lugo ca terceira e última sesión do obradoiro a cargo de Pilar Rey, sobre:

DISCIPLINA POSITIVA: EDUCANDO CON AMABILIDADE E FIRMEZA 3/3

Metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs (1920), no ano 1980 Jane Nelson e Lynn Lott escriben un manual de educación para nais e pais. Este modelo educativo axuda aos adultos a entender a conduta inadecuada das nenas e nenos.
Os criterios a ter en conta para unha disciplina positiva son:

  • Amabilidade e firmeza ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora), sen caer na permisividade e ausencia de límites.
  • Conexión que axuda as nenas e nenos para ser tidos en conta e sentirse importantes.
  • Eficaz a longo prazo.
  • Ensina competencias sociais, respecto, interese polos demais, habilidade para resolver problemas, responsabilidade, participación, colaboración…
  • Axuda as nenas e nenos a que desenvolvan as súas habilidades e sexan conscientes delas.

Nestes obradoiros tentaremos acadar as habilidades necesarias para poñer en práctica o aprendido sobre Disciplina Positiva.

PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Posgrao en Couseling de duelo e pérdidas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

DATA: 16/04/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
16 abril, 2019
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Centro de Convivencia Maruja Mallo
Rúa Primavera, 37
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982297505