Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

OBRADOIRO: Caixa de ferramentas educativas

22 marzo, 2021 @ 08:00 - 17:00

CAIXA DE FERRAMENTAS EDUCATIVAS
Autoestima, disciplina positiva, adolescencia, adopción, vínculo, apego… temos moita teoría sobre o que imos vivindo, pero, como o levamos a cabo? que facer cando non podemos consultar o libro? de que forma podemos levala ao noso día a día?
Estratexias e ferramentas prácticas sobre educación e adopción e acollemento, serán o nexo común das nosas próximas citas. Apúntaste?
Dirixido por:
LETICIA F. RIVERO. Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. www.unoterapias.com
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e ese mesmo día recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 22/03/21
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Esta actividade está composta de tres sesións, unha o mes en maio, xuño e xullo.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

 

Detalles

Fecha:
22 marzo, 2021
Hora:
08:00 - 17:00