Cargando eventos

« Todos os eventos

OBRADOIRO: Re-coñecendo a sexualidade 3. RELACIÓNS DESDE O BO TRATO

Marzo 15 @ 18:00 - 20:00

RE-COÑECENDO A SEXUALIDADE
Os nenos e as nenas son seres sexuados, e a súa sexualidade vaise a ir expresando de diferentes maneiras ao longo do seu desenvolvemento. A educación sexual integral cobra máxima relevancia no acompañamento infantil e adolescente, porque explica procesos transcendentais como a construción da identidade ou as relaciones socio-psico-afectivas no ámbito da nosa cultura. Este acompañamento educacional é un dereito dos nenos e as nenas, a ter información rigorosa, obxectiva e completa. A nivel biolóxico, psicolóxico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afecto e pracer.
Falaremos sobre o desenvolvementoda sexualidade na infancia e adolescencia, reflexionado sobre a diversidade étnico-racial na formación da identidade, as condutas, ideas e comportamentos.
1. SEXUALIDADE E EDUCACIÓN SEXUAL – preguntas e respostas – 18/01
Cando falamos de sexualidade e a educación sexual integral, xórdennos moitos interrogantes sobre o que é e como acompañar. Nesta primeira sesión, buscamos construír un espazo onde falar da educación sexual integral, centrada nas habilidades, o tránsito das emocións e o bo trato.
2. AUTOCONCEPTO E SAÚDE SEXUAL – 15/02
Ao abordar un tema que está socialmente marcado por tabús e mitos, faise necesario, non só promocionar informacións correctas nun clima de comunicación e confianza senón tamén acompañar para que vivan a sexualidade de forma positiva e responsable.
3. RELACIÓNS DESDE O BO TRATO – 15/03
Nesta sesión falaremos de técnicas e ferramentas imprescindibles para acompañar a sexualidade, a diversidade das expresións e roles de xénero, desde escóita dun mesmo, dunha mesma para poder establecer acordos de bo trato nas relacións.
Dirixido por:
JEANE COSTA
Graduada en Maxisterio – Educación Infantil. Máster en Sexología e Xénero. Máster en Autoconocimiento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia Reencontro. Programadora e coordinadora docente de diversos programas de Educación Afectivo Sexual.
O meu traballo oriéntase a diversos colectivos na área de asesoramento sexológico, formación sexológica a profesionais, deseño e impartición de seminarios de crecemento, transformación persoal e educación sexual integral desde a diversidade étnico-racial.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e, ese mesmo día, recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.
  • DATA: 15/03/21
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

 

Detalles

Data:
Marzo 15
Hora:
18:00 - 20:00