- Este evento ha pasado.
Ourense – Cómo, porqué e para qué nos comunicamos cxs fillxs 2/3
7 abril, 2020 @ 18:00 - 20:00
ACTIVIDADE ADIADA ATA NOVO AVISO
————————————————————
Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira e última sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo da psicóloga Leticia F. Rivero sobre:
CÓMO, PORQUÉ E PARA QUÉ NOS COMUNICAMOS CAS NOS@S FILLAS E FILLOS ADOPTADOS DENDE A INFANCIA ATA A ADOLESCENCIA
Sesión 3/3 “Intelixencia emocional na comunicación”
· Granulidade emocional
· Comunicación na adopción e nas familias adoptivas
LETICIA F. RIVERO
Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. www.unoterapias.com
· DATA: 07/04/20
· HORA: 17:00 – 19:00
· LUGAR: Sala 1. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo