Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Ourense – Obradoiro: O mundo dixital como referencia hoxe I

Febreiro 5 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Ourense ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Cristina Martínez Bernárdez, membro de ASEIA:

O MUNDO DIXITAL COMO REFERENCIA HOXE: O LUGAR DE NAIS/PAIS NA EDUCACIÓN”

A evolución dunha sociedade é necesaria e inquietante a partes iguais, dende o plano máis biolóxico, ó máis tecnolóxico. É traballo das/os axentes educativos achegarnos para comprender estes cambios e poder traballalos, dende unha intervención comunitaria.
Nos últimos 20 anos algunhas dinámicas familiares víronse sacudidas, invadidas ou incluso substituídas, por novos axentes educacionais, que con especial forza nos últimos anos ocupan lugares de referencia que noutros tempos eran traballo das institucións, como a escola, a familia ou o propio estado.
Para poder xerar alternativas máis alá da represión ou a permisividade, será necesario ollar e entender a relación das/os nenas/os e adolescentes coas novas tecnoloxías dende o seu lugar.

As liñas de traballo básicas plantexadas son:

  • Elaborar o salto xeracional que se da nas familias no emprego das novas tecnoloxías.
  • Entender que lugares de referencia se deben asumir como nais/pais.
  • Coñecer os límites e concesións que estamos dispostos a poñer e cumplir no día a día.
  • Medos, fantasías, proxeccións e realidades do mundo virtual.
  • As novas tecnoloxías, ¿novos modelos de conductas aditivas?CRISTINA MARTÍNEZ BERNÁRDEZ
    Psicóloga e psicoterapeuta especialista en infancia e adolescencia. Coordinadora de ASEIA en Vigo. Coordinadora do Programa “CONVIVE: un modelo de acompañamento parental”.

    ASEIA(Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. www.aseiagalicia.org

    DATA: 05/02/19
    HORA: 17:00 – 19:00
    LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

    Coma sempre podedes convidar a quen queirades

    ESPERÁMOSVOS!!!!

    Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

    Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

    Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

    Un saúdo

Detalles

Data:
Febreiro 5
Hora:
17:00 - 19:00
Evento Etiquetas:
,

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Recinto

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911