Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ourense – Obradoiro: O mundo dixital como referencia hoxe III

2 abril, 2019 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira e última sesión deste interesante obradoiro a cargo da ASEIA:

O MUNDO DIXITAL COMO REFERENCIA HOXE: O LUGAR DE NAIS/PAIS NA EDUCACIÓN”

A evolución dunha sociedade é necesaria e inquietante a partes iguais, dende o plano máis biolóxico, ó máis tecnolóxico. É traballo das/os axentes educativos achegarnos para comprender estes cambios e poder traballalos, dende unha intervención comunitaria.
Nos últimos 20 anos algunhas dinámicas familiares víronse sacudidas, invadidas ou incluso substituídas, por novos axentes educacionais, que con especial forza nos últimos anos ocupan lugares de referencia que noutros tempos eran traballo das institucións, como a escola, a familia ou o propio estado.
Para poder xerar alternativas máis alá da represión ou a permisividade, será necesario ollar e entender a relación das/os nenas/os e adolescentes coas novas tecnoloxías dende o seu lugar.
As liñas de traballo básicas plantexadas son:

  • Elaborar o salto xeracional que se da nas familias no emprego das novas tecnoloxías.
  • Entender que lugares de referencia se deben asumir como nais/pais.
  • Coñecer os límites e concesións que estamos dispostos a poñer e cumplir no día a día.
  • Medos, fantasías, proxeccións e realidades do mundo virtual.
  • As novas tecnoloxías, ¿novos modelos de conductas aditivas?

 

SARAI GÓMEZ MOLINA
Psicologa sanitaria especialista en adiccións

NATALIA FERNÁNDEZ DÍAZ
Psicóloga – Mestra de Primaria
Coordinadora do Programa A Mirada do Outro

ASEIA(Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. www.aseiagalicia.org

DATA: 02/04/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
2 abril, 2019
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911