Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Pontevedra – Obradoiro: Disciplina Positiva 3/3

Abril 2 @ 17:30 - 19:30

ACTIVIDADE ADIADA ATA NOVO AVISO
————————————————————
Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra ca primeira sesión dun obradoiro a cargo de Pilar Rey, sobre:

– DISCIPLINA POSITIVA: EDUCANDO CON AMABILIDADE E FIRMEZA 3/3

Metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs (1920), no ano 1980 Jane Nelson e Lynn Lott escriben un manual de educación para nais e pais. Este modelo educativo axuda aos adultos a entender a conduta inadecuada das nenas e nenos.
Os criterios a ter en conta para unha disciplina positiva son:
– Amabilidade e firmeza ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora), sen caer na permisividade e ausencia de límites
– Conexión que axuda as nenas e nenos para ser tidos en conta e sentirse importantes
– Eficaz a longo prazo
– Ensina competencias sociais, respecto, interese polos demais, habilidade para resolver problemas, responsabilidade, participación, colaboración…
– Axuda as nenas e nenos a que desenvolvan as súas habilidades e sexan conscientes delas

Nestes obradoiros tentaremos acadar as habilidades necesarias para poñer en práctica o aprendido sobre Disciplina Positiva.

PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Posgrao en Couseling de duelo e pérdidas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

  • DATA: 02/04/20
  • HORA: 17:30 – 19:30
  • LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Data:
Abril 2
Hora:
17:30 - 19:30
Evento Etiquetas:
,

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Recinto

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43