Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Pontevedra – Obradoiro: Falamos de adopción? 3/3

11 abril, 2019 @ 17:00 - 19:00

ATENCIÓN: ACTIVIDADE MUDADA DE DATA
—————————————————–

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra ca terceira e última sesión deste obradoiro a cargo da psicóloga Ana Sieiro, titulado:

  FALAMOS DE ADOPCIÓN?

A todas as persoas que adoptaron, ou aquelas que están no proceso ou o teñen en mente, xurdenlles centos de preguntas.
O apego, a familia de orixe, a escola, a adolescencia, o racismo, os traumas… son temas que provocan inquedanzas e dúbidas que son difíciles de solventar porque non é doado atopar quen nos entenda.

Neste obradoiro tentaremos darlles resposta dende unha mirada profesional pero sen deixar de lado a experiencia e os saberes colectivos.

ANA MARÍA SIEIRO MORAL
Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa deIntegración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. É docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.

DATA: 11/04/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
11 abril, 2019
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43