Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Sábado 26 -A Coruña- Diálogo arredor dos contidos da sexualidade

26 enero, 2019 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar en A Coruña, no Centro Cívico de Palavea, o vIndeiro sábado 26 de xaneiro co título:

DIÁLOGO ENTRE FAMILIAS ARREDOR DOS CONTIDOS DA SEXUALIDADE II

A cargo de DÉBORA BAZ RODRÍGUEZ, Graduada Social na Uvigo e Experta en Sexualidade Humana pola UNED. Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos. Foi relatora en múltiples xornadas, e educadora afectivo sexual en diferentes ámbitos relacionados ca educación. Ven de presentar a publicación de catro guías en escritura sinxela, “O universo da sexualidade”, “ O universo da diversidade sexual”, “O universo emocional”, “O universo da familia”, baixo encargo da fundación ADCOR.

      CHARLA/COLOQUIO
      11:30 a 14:00

As fillas/os reciben a influencia da cultura sexual da súa familia e o desenvolvemento puberal da/o adolescente é acollido con grande ansiedade. O medo a non saber qué nin cómo responder, a propia moral de cada familia e as moitas lagoas que se acumulan arredor da sexualidade das nosas fillas/os fai que en moitos casos, ante a aparición dunha conduta de tipo sexual, a resposta máis frecuente sexa a de reprimir, minimizar, obviar ou anular dita conduta. A familia debe de transmitir aqueles valores que considera axeitados, pero coa salvedade de ter en conta os cambios sociais e de actitudes que se están a producir, e sempre dende o respeto cara a identidade das fillas/os, que non ten que coincidir co modelo familiar. Nesta xornada de traballo imos propoñer as seguintes abordaxes: A sexualidade dende a identidade, os afectos e o pracer. A construcción sexual da persoa. Revisión dos propios valores e actitudes da familia ante a sexualidade. Consenso do grupo nalgúns criterios guía sobre os apoios á construcción sexual dos fillos e fillas dende a familia.

      XANTAR/PICNIC
      14:00 a 16:30

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

      OBRADOIRO
      16:30 a 19:30

Continuación da charla da mañá e coa dirección de Débora Baz plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde entender a sexualidade como algo mais aló da xenitalidade, incluíndo nela o amor, a afectividade, a corporeidade, a procura do pracer…

LUDOTECA
De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
26 enero, 2019
Hora:
11:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico Palavea
Lugar Río de Quintas, 1
A Coruña, Coruña 15009 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 18 43 62

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción