Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

27 de Maio – A Coruña – Préstame a túa mente mamá ou papá

27 mayo, 2017 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos a terceira actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Cívico Palavea en A Coruña o vindeiro sábado 27 de maio co título:

«PRÉSTAME A TÚA MENTE MAMÁ OU PAPÁ, PARA PODER TER EU A MIÑA»

A cargo de ELENA R. BORRAJO

Psicóloga e educadora infantil, especializada no tratamento con nenas e nenos, adolescentes, que sufriron desamparo cedo.

Formada pola Fundación Exil polo profesor Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan, no diplomado especializado para nenas e nenos vítimas de maltrato. Con 20 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a atención en centros de me­nores e o acollemento familiar. Fundadora do Centro Alén onde exerce actualmente como di­rectora no traballo con institucións, familias e asociacións vinculadas ao acompañamiento de nenos e nenas que sufriron situacións de risco, negligencia ou maltrato cedo.

Colaboradora en diversas publicacións vinculadas ao ámbito: » Neuropsicología do maltrato e o aban­dono» «onde QUEDA o interese superior do menor”

CHARLA/COLOQUIO

  • 11:30 a 14:00 Salón de actos
  • Teoría da xeración da mente
  • A importancia do manexo da mente nos humanos.
  • Problemas e alteracións derivados do manexo da mentalización dos nenos e adultos.
  • Exercicios prácticos que axudan ao desenvolvemento da mente.

XANTAR/PICNIC

  • 14:30 a 16:30 Centro Cívico Palavea

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO Somos quen de prestar a nosa mente?

  • 16:30 a 19:30 Salón de actos

Contando coa dirección de Elena R. Borrajo plantexamos un obradoiro para nais e pais onde continuar, de xeito máis práctico, ás diferentes cuestións que plantexamos na charla da mañá..

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 contaremos con servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo
A Xunta Directiva

Detalles

Fecha:
27 mayo, 2017
Hora:
11:30 - 19:30
Web:
https://www.facebook.com/events/222330231603668

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario