Cargando eventos

« Todos eventos

Sábado 27 – Vigo – Orientacións e extratexias na adopción

Abril 27 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos outra actividade máis de sábado do “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no ZOOVIGO en Vigo o vIndeiro sábado 27 de abril co título:

ORIENTACIÓNS E ESTRATEXIAS PARA ACOMPAÑAR O DESENVOLVEMENTO DAS NOSAS FILLAS E FILLOS ADOPTADOS

A cargo de ISABEL AZCONA
Traballadora social e educadora social, máster en orientación e mediación familiar e experta en acollemento familiar, adopción e post-adopción. Desenvolveu a súa actividade profesional no Sistema de Protección de Menores e de Xustiza Xuvenil e actualmente traballa en Batía, centro de orientación educativa familiar especializado en familias adoptivas, acolledoras e de adolescentes, onde realiza tarefas de orientación familiar, facilita grupos de apoio e imparte formación a familias e profesionais. É mediadora en procesos de procura de orixes.

CHARLA/COLOQUIO
11:30 a 14:00 Auditorio do Vigozoo
Acompañar o desenvolvemento das fillas e fillos non resulta sinxelo para ningún pai ou nai. Facelo cas nosas fillas e fillos adoptados engade complexidade e dúbidas a esta tarefa: Xestionar as dificultades derivadas das experiencias adversas, conseguir unha comunicación fluída e confiada tamén en relación á súa orixe, establecer normas e límites, favorecer o desenvolvemento da súa autoestima, acompañar a construción dunha identidade integrada e positiva…
Cal debe ser nosa actitude como pais e nais adoptivos? Como respondemos sensiblemente as necesidades dos nosos fillos e fillas? Que aspectos temos que ter en conta no día a día familiar? Tanto na charla como no taller posterior trataremos de dar resposta a estas e outras preguntas desde as orientacións e as estratexias concretas e prácticas que nos axuden a acompañar de maneira axeitada o desenvolvemento nosas fillas e fillos.

XANTAR/PICNIC
14:00 a 16:30 Vigozoo
Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos presta, o café).

OBRADOIRO
16:30 a 19:30 Auditorio do Vigozoo
Continuación da charla da mañá e coa dirección de Isabel Azcona plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde completar a información da charla da mañá.

LUDOTECA
De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!

Máis información en www.manaia.eshttps://www.facebook.com/adopcionmanaia – manaia@manaia.es – 688 927 124

ZOOVIGO: Praza dos Leóns, s/n. Madroa – Teis.
http://www.vigozoo.com/spa/visitas_comollegar.asp

Un saúdo

Detalles

Data:
Abril 27
Hora:
11:30 - 19:30
Evento Etiquetas:
, , , ,

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Recinto

VigoZoo
Plaza de los Leones s/n. Madroa
Vigo, Pontevedra 36316 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 26 77 83
Páxina web:
http://www.vigozoo.com