Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago – Acompañamento na sexualidade 3/3

16 abril, 2020 @ 18:00 - 20:00

ACTIVIDADE ADIADA ATA NOVO AVISO
————————————————————
Seguimos, un ano máis, cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago ca terceira e última sesión deste obradoiro a cargo de Jeane Costa sobre:

ACOMPAÑAMENTO NA SEXUALIDADE DESDE A DIVERSIDADE ÉTNICO-RACIAL

As etapas infantil e adolescente, son etapas de crecemento nas que a sexualidade expresarase de diferentes maneiras ao longo do seu desenvolvemento.
A educación sexual desde a diversidade étnico-racial cobra máxima relevancia na formación integral infanto-xuvenil, porque explica procesos transcendentais como a construción da identidade ou as relaciones socio-psico-afectivas na pluralidade cultural.
Por iso, propoñemos este espazo para que construamos e atopemos as ferramentas imprescindibles para acompañar o desenvolvemento a nivel biolóxico, psicolóxico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afecto e pracer.
Falaremos sobre o desenvolvemento evolutivo da sexualidade na infancia e adolescencia, reflexionado sobre a diversidade étnico-racial na formación da identidade, as condutas, ideas e comportamentos.
Ofrecemos este espazo como apoio para as familias, un lugar seguro onde poidan recoñecer, expresar e integrar as emocións e conceptos acerca da sexualidade, desde unha marco de coidado, escoita e bo trato.

JEANE COSTA
Graduada en Maxisterio – Educación Infantil.
Máster en Sexología e Xénero.
Máster en Autoconocimiento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia Reencontro.
Programadora e coordinadora docente de diversos programas de Educación Afectivo Sexual.
O meu traballo oriéntase a diversos colectivos na área de asesoramento sexológico, formación sexológica a profesionais, deseño e impartición de seminarios de crecemento, transformación persoal e educación sexual integral desde a diversidade étnico-racial.

  • DATA: 16/04/20
  • HORA: 17:00 – 19:00
  • LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
16 abril, 2020
Hora:
18:00 - 20:00

Local

CABES.
Rúa Manuel María, 6
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map