Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Santiago – O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia

18 julio, 2019 @ 17:00 - 19:00

Información

Continuamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago ca terceira e última sesión desteinteresante obradoiro a cargo do psicólogo Adrián Santalla, membro de ASEIA:

O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN.

A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.
O longo da formación traballaranse os seguintes contidos:
– Aspectos clave na infancia a adolescencia: farase un achegamento os diferentes intres evolutivos e cambios importantes que se producen nesta etapa.
– Pautas de comunicación: traballarase sobre aqueles aspectos que poden axudar ou empeorar a comunicación no area sexual entre nais/pais e fillas/os.
– Mitos sobre a sexualidade: a día de hoxe os adolescentes asumen como naturais diferentes mitos que son transmitidos pola sociedade.
– Modelos de masculinidade e feminidade no social: farase unha análise crítica dos modelos transmitidos por diferentes canles; prensa, tv, películas, literatura…

ADRIÁN SANTALLA IGLESIAS
Psicólogo. Técnico Programa Alento: Atención de Día para
Menores en proceso de inclusión social.

ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. www.aseiagalicia.org

  • DATA: 18/07/19
  • HORA: 17:00 – 19:00
  • LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
18 julio, 2019
Hora:
17:00 - 19:00

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL
Rúa Manuel María, nº 6
Santiago de Compostela, Coruña Spain
+ Google Map