Loading Events

« All Events

Santiago – Violencia Filio-parental: prevención e abordaxe 2/3

Marzo 21 @ 17:00 - 19:00

Continuamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Santiago ca segunda sesión, de tres, do obradoiro, a cargo de Paradoxo, sobre:

EVOLUCIÓN DA VIOLENCIA FILIO-PARENTAL (VFP): PREVENCIÓN E ABORDAXE 2/3

A violencia filio-parental (VFP) está a experimentar un gran incremento nos derradeiros anos, a cabalo das profundas transformacións que se levan producindo na nosa sociedade: cambios na concepción dos modelos educativos de referencia (escola e familia), os cales levan, asemade, a cambios nas relación persoais e familiares, así coma no xeito de ver o mundo.
Esta crise de estruturas tan profundamente asentadas como é a familia, reflíctese nas interaccións entre os seus membros, pais, nais e fillos/as, a modo de, por exemplo: límites difusos, confusión nos roles, dependencia, etc.
Neste obradoiro trataremos como adoita manifestarse a VFP nos fogares, así como ferramentas para prevela e para xestionar eficazmente os primeiros sinais da mesma.

PARADOXO – MAGDALENA OTERO MARTÍNEZ E NURIA LAGO
Psicólogas e Terapeutas Familiares co Postgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción da Universidade de Barcelona en
convenio coa Ramón Llull.
Desenvolven a súa labor profesional diaria en “Paradoxo”, centro no que, fundamentalmente, realizan unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, ademais da terapia e reeducación escolar. No seu centro desenvolven charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, así coma noutros eidos vencellados á psicoloxía, tanto para organismos públicos, como privados e asociacións.
En Xaneiro de 2008, imparten o seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación Manaia coa que levan colaborando dende entón na formación de familias adoptivas.

DATA: 21/03/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Details

Date:
Marzo 21
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:
, ,

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Venue

CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL
Rúa Manuel María, nº 6
Santiago de Compostela, Coruña Spain
+ Google Map