Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Vigo – O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia III

Abril 11 @ 19:00 - 21:00

continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Vigo ca última sesión, de tres, do interesante obradoiro a cargo da psicóloga Cristina Martínez, membro de ASEIA:

O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN

A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.

O longo da formación traballaranse os seguintes contidos:

  •  Aspectos clave na infancia a adolescencia: farase un achegamento os diferentes intres evolutivos e cambios importantes que se producen nesta etapa.
  • Pautas de comunicación: traballarase sobre aqueles aspectos que poden axudar ou empeorar a comunicación no area sexual entre nais/pais e fillas/os.
  • Mitos sobre a sexualidade: a día de hoxe os adolescentes asumen como naturais diferentes mitos que son transmitidos pola sociedade.
  • Modelos de masculinidade e feminidade no social: farase unha análise crítica dos modelos transmitidos por diferentes canles; prensa, tv, películas, literatura…

CRISTINA MARTÍNEZ BERNÁRDEZ
Psicóloga e psicoterapeuta especialista en infancia e adolescencia. Coordinadora de ASEIA en Vigo. Coordinadora do Programa “CONVIVE: un modelo de acompañamento parental”.

ASEIA(Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. www.aseiagalicia.org

DATA: 11/04/19
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Data:
Abril 11
Hora:
19:00 - 21:00
Evento Etiquetas:
, ,

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Recinto

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map