
- Este evento ha pasado.
Xuntanza de familias adoptivas e acolledoras
2 junio, 2019

Convidámosvos a participar nesta xuntanza na que as nosas nenas e nenos disporán dun espazo de xogo e diversión onde as diferenzas sexan a norma.
Organizaranse obradoiros e outras actividades, mentres as nais e pais contarán cun lugar onde gozarán deste día tan especial.
Para inscrivirvos podedes facelo de dous xeitos:
- Enchendo o formulario web que se pode atopar aquí.
- Enviando un email cos datos de cantas persoas adultas e cantas menores, cos seus correspondentes nomes, a xuntanza@congresogalegodeadopcioneacollemento.gal.
Lembrade que cada persoa adulta doa 5€ (agás que sexan socias de MANAIA) e as menores entran de balde. A doazón podedes facela por separado á conta de MANAIA que vos chegará no correo de confirmación. Se decidides facer unha única transferencia, lembrade poñer no concepto canto se paga de inscrición e canto é de doazón da xuntanza para facilitarlles as contas ao equipo (que andará a tope aínda que con moitísima ilusión!)
Agardámosvos no CEIP Manuel Vidal Portela!
Mais información en: http://www.congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/xuntanza-de-familias-adoptivas/