11 de Febreiro, ASAMBLEA XERAL e INFANTIL de Manaia. Charla «A ESCOLARIZACIÓN DAS NENAS E NENOS ADOPTADOS: ASPECTOS FUNDAMENTAIS A TER EN CONTA»

O SÁBADO 11 DE FEBREIRO ás 11:30 horas MANAIA organiza a a súa  charla/coloquio: «A ESCOLARIZACIÓN DAS NENAS E NENOS ADOPTADOS: ASPECTOS FUNDAMENTAIS A TER EN CONTA», a cargo da Equipa de Educación da Asociación (formada por Águeda, Chus e Cris), na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2 – 36002 Pontevedra).

Se convoca a Asamblea Xeral da asociación e os nenos e nenas de Manaia farán a súa Asamblea Xeral Infantil

Entrada de balde

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.


Faremos un obradoiro no que tentaremos buscar conxuntamente respostas axeitadas a todas aquelas inquedanzas que temos as familias adoptivas  ante  a escolarización das nosas fillas e fillos adoptad@s.

Compartiremos dúbidas, reflexións e estratexias e a través de diferentes dinámicas abordaremos aqueles aspectos relacionados  coa entrada na escola, as necesidades coas que nos atopamos… e como superar as posibles dificultades ao longo das diferentes etapas da escolarización.

EQUIPA DE EDUCACIÓN.- CRISTINA GUEDE, ÁGUEDA RUIBAL e CHUS VÁZQUEZ

Nais adoptivas. Profesoras especialistas de Educación Infantil e Primaria en activo no ensino público. Integrantes do Equipo de Educación de MANAIA e da Comisión de Educación de CORA.

SÓ PARA SOCIOS

Ao remate da charla en Pontevedra, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic no Colexio de Águeda, CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra, (lembrade que alí temos aparcadoiro) onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.


ASEMBLEA XERAL E ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL

Convócase a ASEMBLEA XERAL, a celebrar o sábado 11 de febreiro de 2017, ás 16:30 en primeira convocatoria e ás 17:00h en segunda, no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra nesta ocasión, así a Xunta Directiva poderá escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

ORDE DO DÍA

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Resumo 2016.
  • “Programa de acompañamento familiar en adopción” en convenio ca Xunta de Galicia
  •  Aprobación contas 2016 e orzamento 2017.
  • Programación 2017.
  • Aportacións e ideas das socias e socios.
  • Rogos e preguntas

Ás 16:30 horas, paralelamente a Asemblea Xeral, terá lugar na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela a segunda Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA ca participación de todas as socias e socios menores de 18 anos.

ORDE DO DÍA

  • Breve explicación do funcionamento da Asemblea
  • Propostas de actividades nas ludotecas de MANAIA
  • Rogos e preguntas

A Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA será dirixida por Ana Gonzalez, Educadora Social, e non será permitida a participación de calquera socia ou socio maior de 18 anos.

No horario da Asemblea contaremos con servizo de ludoteca, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, poñendo os seus nomes e idades.

Coma sempre tódolas persoas socias poderán convidar a quen queira coñecernos.

DE 11:00 A 11:30 e de 14:30 a 16:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO.

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva