continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:
A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.
Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. É docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.