26 de novembro. Charla/Coloquio “Nenas, nenos e adolescentes ante a perda dun ser querido, cómo lles falamos da morte?”

O SÁBADO 26 DE NOVEMBRO ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio NENAS, NENOS E ADOLESCENTES ANTE A PERDA DUN SER QUERIDO, COMOLLES FALAMOS DA MORTE?”, a cargo de Pilar Rey Suárez, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2).

Nesta charla Pilar axudaranos a coñecer como se comporta o neno/a ante o sufrimento e orientará aos pais/nais no adecuado manexo destas difíciles situacións.

Compartirá connosco a súa experiencia para axudarnos a:

  • comprender as dinámicas recurrentes
  • coñecer as careacterísticas máis importantes do duelo dos nenos
  • aprender recursos comunicacionales e actitudinales para previr o sufrimento nos nenos e para acompañarlles na elaboración da dor pola perda dun ser querido

Leer mais …