26 de novembro. Charla/Coloquio «Nenas, nenos e adolescentes ante a perda dun ser querido, cómo lles falamos da morte?»

O SÁBADO 26 DE NOVEMBRO ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio NENAS, NENOS E ADOLESCENTES ANTE A PERDA DUN SER QUERIDO, COMOLLES FALAMOS DA MORTE?”, a cargo de Pilar Rey Suárez, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2).

Nesta charla Pilar axudaranos a coñecer como se comporta o neno/a ante o sufrimento e orientará aos pais/nais no adecuado manexo destas difíciles situacións.

Compartirá connosco a súa experiencia para axudarnos a:

  • comprender as dinámicas recurrentes
  • coñecer as careacterísticas máis importantes do duelo dos nenos
  • aprender recursos comunicacionales e actitudinales para previr o sufrimento nos nenos e para acompañarlles na elaboración da dor pola perda dun ser querido

Entrada de balde

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

PILAR REY SUÁREZ

Pilar Rey Suárez e Diplomada en Traballo Social, Terapeuta Familiar, Terapeuta Sensoriomotora, e Experta en couseling, duelo e perdas. Ten ademáis formación para a axuda en procesos de enfermidade oncológica.

PARA SOCIOS

Ao remate da charla en Pontevedra, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic no Colexio de Águeda, CEIP Manuel Vidal Portela (lembrade que alí temos aparcadoiro) onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.

Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Pilar Rey coma moderadora para axudarnos a reflexionar e atopar solucións.

Coma sempre tódolos socios poderán convidar a quen queira coñecernos…

DE 11:00 A 11:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO

Entradas relacionadas

4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, … Leer mais …

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 … Leer mais …

CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva … Leer mais …

Botando algunhas contas …

Facerse familia socia é moi sinxelo …. Faite familia socia