3º Congreso galego de adopción e acollemento

Din que non hai dous sen tres e aquí estamos para demostralo. E facémolo cunha gran novidade que nos fai sentir especialmente ben. No 2018 a Asemblea Xeral de MANAIA decidiu por unanimidade incluir o acollemento dentro dos nosos fins coma asociación, foi un gran paso que levabamos anos tentando dar e que, aínda que xa se fixo público, ten a súa gran presentación neste 3º Congreso Galego de Adopción e Acollemento.

En MANAIA seguimos comprometidos cas nenas, nenos e adolescentes que precisan dunha familia para crecer. E que mellor maneira de demostralo que incluir nas nosas actividades a que, para nós, é a gran medida de proteción a infancia, o acollemento, en todas e cada unha das súas modalidades.

Neste congreso falaremos de cales son os retos ós que nos enfrontamos as familias e os técnicos e profesionais no eido da adopción e o acollemento, tentando xerar reflexión, inquedanza, preguntas e, se somos capaces, algunhas propostas que nos permitan actuar no noso día a día con maior capacidade e coñecemento.

E aínda que seguimos coa nosa idea de deseñar un congreso áxil e dinámico, con presentacións breves e concisas, este ano incluímos dúas conferencias inaugurais que de seguro xerarán moito interese.

Só nos queda, coma sempre, dar as grazas a todas e cada unha das persoas que o facedes posible, especialmente ás socias e socios de MANAIA, sen as cales este congreso non sería posible.

Animádevos a participar.

Entradas relacionadas

4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, … Leer mais …

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 … Leer mais …

CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva … Leer mais …

Botando algunhas contas …

Facerse familia socia é moi sinxelo …. Faite familia socia