Prezadas persoas socias,
continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Pontevedra cun coloquio sobre:
– Os «medos» na adopción
Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.
DATA: 04/05/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
A Xunta Directiva