A CORUÑA – 1ª actividade do «Programa de acompañamento familiar en adopción»

Prezadas persoas socias,
comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en A Coruña cunha charla/coloquio sobre:

– Adopción en primeira persoa, a cargo de Xabier, membro de La Voz de los Adoptados

Nesta actividade tentaremos coñecer como se vive a adopción dende dentro.

DATA: 14/02/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida.

O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas no despacho Nº1 do Centro cívico San Diego. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
NON contamos con servizo de ludoteca.

Entradas relacionadas

4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, … Leer mais …

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 … Leer mais …

CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva … Leer mais …

Botando algunhas contas …

Facerse familia socia é moi sinxelo …. Faite familia socia