A CORUÑA – Posta en marcha do «Programa de acompañamento familiar en adopción»

Prezadas persoas socias,

o vindeiro MARTES 31 de xaneiro estaremos en A Coruña coa fin de presentarvos o «Programa de acompañamento familiar en adopción» e comezar a crear os grupos de apoio e a escola de familias. Emplazámosvos para que veñades a dar a vosa opinión e así poder adecuar os temas e as propostas as vosas necesidades.

DATA: 31/01/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro Cívico de Eirís
. Aula 4. Rúa Terranova de Eirís 7. A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

A Xunta Directiva

P.D: Neste mes iremos facendo estas reunións nas sete grandes cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.