4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, e realizádea canto antes porque as prazas están moi restrinxidas por mor da pandemia.

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», ainda que teña que ser de xeito virtual. Levabamos un tempo de espera, de incertidume, de adaptación, de aprendizaxe… pero xa podemos voltar con forza, … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 124 ou por este medio calquera consulta que precisedes. Tamén seguimos a ofrecer o espazo de información e acompañamento presencial onde calquera familia, independentemente do momento do proceso … Leer mais …

CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva ven de decidir que MANAIA suspende todas as súas actividades ata novo aviso. Ao mesmo tempo solicitámosvos que tomedes tódalas precaucións posibles, non tanto por nós mesmas ou … Leer mais …