2 de Maio – Ourense – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación»

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– Adolescencia, adopción e comunicación
 

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.
Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.


DATA: 02/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte
. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

27 de Abril – Ferrol – Charla/coloquio «Os medos na adopción»

seguimos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ferrol cun coloquio sobre:

– Os «medos» na adopción

Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.

DATA: 27/04/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

29 de abril – Ferrol – Charla/Coloquio: «ADOPCIÓN, RAZA, ETNICIDADE E ORÍXES: ENREDOS BIOCULTURAIS» con Beatriz San Román

Prezadas persoas socias,

Temos o pracer de presentarvos a segunda actividade de sábado do «xornada do programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Cívico de Canido en Ferrol o vIndeiro sábado 29 de abril co título:

Adopción, raza, etnicidade e oríxes: enredos bioculturais

A cargo de BEATRIZ SAN ROMÁN
Doutora en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesora da mesma universidade. É autora dos libros «Adopción y escuela» e «La aventura de convertirse en familia». É membro do Grupo de Investigación AFIN desde a súa fundación. Actualmente, é coordinadora dos servizos de atención familiar e formación de profesionais do Centro AFIN.

Leer mais …

20 de Abril – Santiago – Obradoiro «Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a»

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes

DATA: 20/04/17
HORA: 17:00 – 19:30

LUGAR: 
 CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL.  Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …

18 de Abril – Lugo – coloquio «Identidade cultural»

Prezadas persoas socias,

seguimos cas actividades do  «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Lugo cun coloquio sobre:

– Identidade cultural

 

DATA: 18/04/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo
. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …