CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva ven de decidir que MANAIA suspende todas as súas actividades ata novo aviso.

Ao mesmo tempo solicitámosvos que tomedes tódalas precaucións posibles, non tanto por nós mesmas ou as nosas fillas e fillos senón para non colapsar o sistema e garantir que as persoas de risco conten cos servizos sanitarios que precisen.

Tamén recomendamos que ante as dúbidas non chamedes ao 112 nin ao 061, o teléfono de atención correcto para o coronavirus é o 900 400 116.

En canto muden as condicións continuaremos cas nosas actividades.

Moitas grazas e desculpade as molestias.

A Xunta Directiva

Entradas relacionadas

4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, … Leer mais …

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 … Leer mais …

Botando algunhas contas …

Facerse familia socia é moi sinxelo …. Faite familia socia

3º Congreso galego de adopción e acollemento

Din que non hai dous sen tres e aquí estamos para demostralo. E facémolo cunha gran novidade que nos fai sentir especialmente ben. No 2018 a Asemblea … Leer mais …