Charla/Coloquio «A escola tropeza coa adopción»

O SÁBADO 8 DE XUÑO ás 12:00 horas MANAIA organiza a charla/coloquio «A ESCOLA TROPEZA COA ADOPCIÓN», a cargo de MARGARITA MUÑIZ AGUILAR, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2 – 36002 Pontevedra).

Na súa edición do 4 de Maio de 2008 o diario EL País publicou un interesante artigo titulado «A adopción tropeza na escola». No subtítulo indicábase que a metade dos adoptados tiñan problemas de aprendizaxe. Pasaron cinco anos desde a publicación deste artigo, e máis de quince desde que se iniciaron en España as primeiras adopcións internacionais. Neste tempo diferentes asociacións e entidades relacionadas co mundo da adopción publicaron distintas Guías Educativas dirixidas ao profesorado, coa intención de dar a coñecer as claves e as posibles solucións ao problema. Con todo, pouco ou nada se fixo desde as distintas administracións para implementar os cambios suxeridos e as estratexias recomendadas. Quizais, por isto, habería que suscitarse que máis ben é a escola a que tropeza coa adopción, porque estes nenos non aprenden ao ritmo desexado non porque non queren, senón porque non poden.

A capacidade de acción das familias sobre o sistema educativo para que se faga un abordaje cognitivo do problema que desenvolva as habilidades deficitarias que presentan estes nenos, é algo que non sempre está ao alcance das mesmas. O que si está dentro das súas posibilidades é utilizar as actividades cotiás como estratexias para axudar aos seus fillos a desenvolver esas habilidades cognitivas. E facelo, ademais, desde o que se coñece como aprendizaxe mediada, é dicir, unha aprendizaxe que ten en conta a situación da que parte o neno e no que se experimenta, cométense erros, búscanse solucións. En definitiva, unha aprendizaxe que é motivadora e gratificante porque saca á luz as súas potencialidades en lugar das súas limitacións.

MARGARITA MUÑIZ AGUILAR

Licenciada en Filosofía e Letras, Logopeda, Master en Orientación Educativa e en Asesoramiento en Materia de Adopción. Traballa desde fai máis de dúas décadas con nenos que teñen dificultades de aprendizaxe. Conferenciante e Escritora, é directora/editora de revista Familia e Adopción e autora do libro: Cuando l@s niñ@s no vienen de Paris.

ENTRADA DE BALDE

Durante o acto haberá SERVIZO DE LUDOTECA, para os menores de tres anos enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.

SÓ PARA SOCIOS/AS

Ao remate da charla, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic na propia CASAZUL, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar. Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Margarita Muñiz coma moderadora para axudarnos a reflexionar e atopar solucións.

Coma sempre tódolos socios poderán convidar a quen queira coñecernos…

ATENCIÓN

Esta mesma charla tamén terá lugar na 4ª edición do Ciclo de Conferencias: Psicoloxía Hoxe «EN TORNO Á ADOPCIÓN», en A Coruña o venres 7 de xuño as 13:00 horas no Salón de Grados da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Elviña. Para máis información: 981-167000 (Ext 1709). Profesora: Rosa Fernández