Charla/Coloquio «Competencia Parental, Apego e Resiliencia: O Reto da Vinculación»

O SÁBADO 27 DE ABRIL ás 11:30 horas Manaia organiza a charla/coloquio «Competencia Parental, Apego e Resiliencia: O Reto da Vinculación», a cargo de BELÉN MARTÍNEZ ALONSO, no Salón de Actos do PAZO DA CULTURA de Pontevedra, (rúa Alexandre Bóveda, s/n).

A relatora recomenda que, antes de asistir á charla, se faga a lectura dalgún destes dous títulos:

BELÉN MARTÍNEZ ALONSO

Médica Especialista en Psiquiatría. Suficiencia Investigadora DEA en Psicopatoloxía Infanto-Xuvenil. Especialista Universitaria en Terapia Cognitivo-Conductual na Infancia e Adolescencia.

ENTRADA DE BALDE

Durante o acto haberá SERVIZO DE LUDOTECA, para os menores de tres anos enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.

SÓ PARA SOCIOS

Ao remate da charla en Pontevedra, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic no Colexio de Águeda, CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra, (lembrade que alí temos aparcadoiro) onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.

Despois de repoñer forzas faremos un obradoiro para pais e nais que comezará ca proxección da película:

«O neno da bicicleta»

Cyril, un neno de 11 anos fuxe do fogar de acollemento onde o seu pai o deixou despois de prometerlle que volvería buscalo. Cyril proponse atopalo. Despois de petar en van na porta do apartamento onde vivían, para agocharse da persecución do persoal do hospicio refúxiase nun gabinete médico botándose nos brazos dunha moza sentada na sá de espera. Así é como, por casualidade, coñece a Samantha, unha perruqueira que lle permite quedar con ela as fins de semana.

Despois teremos o habitual coloquio onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Belén Martínez coma moderadora para axudarnos a reflexionar e atopar solucións.

Entradas relacionadas

4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento

Xa está aberta a inscrición!! Acude ao 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento!! https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/inscricion/ Por favor lede ben toda a información antes de facer a inscrición, … Leer mais …

COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO … Leer mais …

ESTAMOS (tele)TRABALLANDO

Boa tarde a todas e todos, escribimos esta mensaxe para lembrarvos que en MANAIA seguimos (tele)traballando e que podedes facer por correo manaia@manaia.gal, por Whatsapp 688 924 … Leer mais …

CANCELAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES ATA NOVO AVISO

Debido as últimas recomendacións da Xunta de Galicia sobre o Covid-19, que inclue o peche de centros comunitarios onde adoitamos realizar os nosos encontros, a Xunta Directiva … Leer mais …

Botando algunhas contas …

Facerse familia socia é moi sinxelo …. Faite familia socia