COMEZAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES VIRTUÁIS

Hoxe é o DÍA DAS FAMILIAS e non se nos ocorre mellor forma de celebralo que retomando as nosas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», ainda que teña que ser de xeito virtual. Levabamos un tempo de espera, de incertidume, de adaptación, de aprendizaxe… pero xa podemos voltar con forza, adaptadas ás novas circunstancias. Hoxe é a primeira de moitas, a lo menos ata setembro, e temos a ilusión de que as actividades sexan do voso agrado. Nós so queremos que MANAIA manteña o seu espíritu e sexa quen de ofrecer un lugar de apoio, acompañamento e aprendizaxe onde compartir as nosas inquedanzas coma familias adoptivas e acolledoras.

Unha grande aperta para todas.
A Xunta Directiva