Prezadas persoas socias,
comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ferrol cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental
DATA: 23/02/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Comunitario «Manuela Pérez Sequeiros». Rúa María Casares, s/n. Narón
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
A Xunta Directiva