Sábado 25 – LUGO – Adopción en primeira persoa

Prezadas persoas socias,

temos o pracer de presentarvos a primeira actividade de sábado do  «Programa de acompañamento familiar en adopción» que terá lugar en Lugo o vindeiro sábado 25 de marzo.

O título será «Adopción en primeira persoa»

CHARLA/COLOQUIO

            11:30 a 14:00 Salón de Actos C. C. Maruja Mallo

Tradicionalmente escoitamos falar sobre adopción a infinidade de profesionais e tamén a moitas familias que culminan o seu desexo de ser pais pola vía da adopción, nesta ocasión teremos a posibilidade de escoitar aos verdadeiros protagonistas, as persoas adoptadas, que compartirán a súa experiencia persoal. Temas como o apego, a construción da identidade, a procura de orixes, o sentimento de abandono, as relacións cos iguais, familia, etc, serán o fío condutor da charla que impartirán Iratxe e Xabier, Presidenta e Secretario da asociación «La Voz de los Adoptados».

XANTAR

            14:30 a 16:00 Parque infantil de tráfico de Frigsa

Ao remate da charla, como ven sendo habitual nas actividades de MANAIA, faremos un Xantar/Picnic nas instalación do Parque infantil de tráfico de Frigsa, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIROS

            16:00 a 19:30 Parque infantil de tráfico de Frigsa

  • 16:00 a 16:30 – Obradoiro infantil de 3 a 12 anos

Neste obradoiro Iratxe e Xabier contaranlles a súa historia.

  • 16:30 a 17:30 – Obradoiro adolescentes de 12 a 18 anos

A adolescencia é unha etapa de cambios, pero non por iso ten que ser un momento de crise.  Os nosos mozos adoptados fanse moitas preguntas que non sempre verbalizan en voz alta, quizá por temor a que ninguén lles entenda. Nesta ocasión, teñen a posibilidade de facer todas esas preguntas de forma anónima e que servirán como fío condutor para o  obradoiro que impartirán Iratxe e Xabier, dous adultos adoptados con quen poderán compartir experiencias e vivencias desde o punto de vista das persoas adoptadas.

  • 17:30 a 19:30 – Obradoiro para nais e pais

Neste obradoiro, continuación da charla de pola mañá, poderemos preguntar a  Iratxe e Xabier sobre as nosas inquedanzas dun xeito máis íntimo e persoal.

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 contaremos con servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades.  Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA

 

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

A Xunta Directiva