A Dirección Xeral de Servizos para a Familia e a Infancia do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, mediante resolución de data 26 de setembro de 2017, suspende definitivamente a admisión e continuidade na tramitación de expedientes de adopción internacional en Etiopía sen menor asignado na data da resolución, por falta de seguridade xurídica nos procedementos.
Os seguimentos postadoptivos pendentes serán tramitados a través da colaboración entre os Ministerios de Sanidade e Asuntos Exteriores, xunto coas Comunidades Autónomas.
A nova orixinal está publicada no Portal Galego de Adopcións.
Pódese descargar a resolución do Ministerio dende a súa web (o enlace directo a resolución e éste).