24 de Marzo – Ourense – Charla/Coloquio: «A maternaxe e os vínculos nos procesos de adopción»

Temos o pracer de presentarvos a segunda actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Cívico A Ponte en Ourense o vindeiro sábado 24 de marzo co título:

A MATERNAXE E OS VÍNCULOS NOS PROCESOS DE ADOPCIÓN

A cargo de MARGARITA CALVENTE MIGUEL

Licenciada en Psicoloxía e Terapeta Psicomotriz. Ao longo da miña vida profesional traballei en case todos os estamentos da Institución Escolar e na axuda aos nenos/ as en situación de dificultade, sempre desde a atención e o apoio para o desenvolvemento da súa capacidades e a evolución do seu ser no seu proceso de crecemento. Desde 2010 traballo no ámbito privado da Terapia Psicomotriz e Atención Temperá no centro Izanez psikomotrizitategunea con nenos e nenas en situación de dificultade e coas súas familias, en sesións de terapia individual e/ou en pequeno grupo e sempre desde un enfoque global que atende aos eixos corporal, afectivo- relacional e cognitivo. Atendo especialmente ás dificultades nos procesos de relación e vinculación, rupturas de vínculo e separacións traumáticas, dificultades no desenvolvemento da identidade, a autonomía e outras circunstancias que afectan o desenvolvemento dos nenos e
nenas e que preocupan ás súas familias e á súa contorna.

e ROSANA DE LA FUENTE DEL RINCÓN

Diplomada en Educación Social. Terapeuta Psicomotriz e Pedagoga Sistémica. Os meus inicios no ámbito da infancia comezan no 2000 no ámbito da intervención socio-educativa como colaboradora do Berritzegune nas escolas e na Fundación Sindrome de Down do Pais Vasco. A partir do 2010 e ata a actualidade desenvolvo o meu labor profesional no Centro de Psicomotricidade KIRIBIL como Terapeuta Psicomotriz e Pedagoga Sistémica. Acompaño aos nenos e nenas nas súas dificultades no desarollo e as súas familias. Nos dous últimos anos realizo acompañamento terapéutico a menores e as súas familias no primeiro ano e medio da adopción con caracter preventivo.

Leer mais …

13 de Marzo – A Coruña – Obradoiro: Xestionando situacións sociais incómodas II

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña ca segunda parte do obradoiro moderado por Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

– Xestionando situacións sociais incómodas II

¿Molestos con algún comentario sobre a vosa forma de ser familia? ¿Doídos por faltas de respeto hacia as orixes dos vosos fillos? ¿Tristes por non saber as veces qué resposta dar? ¿Con medo anon ter suficientes ferramentas para resolver estas situacións?

Neste obradoiro, contando cas experiencias das persoas participantes, tentaremos acadar respostas e extratexias cara enfrontar do mellor xeito posible futuras situacións sociais incómodas.

DATA: 13/03/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

24 de Febreiro – Pontevedra – Asemblea Xeral

Dende Manaia convocamos a ASEMBLEA XERAL, a celebrar o sábado 24 de febreiro de 2017, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra nesta ocasión, así a Xunta Directiva entrante poderá escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

Leer mais …

24 de Febreiro – Pontevedra – Charla/Coloquio «Racismo e Escola”

O sábado 24 de febreiro ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio: «RACISMO E ESCOLA”, a cargo da Equipa de Educación da Asociación (formada por Águeda, Chus e Cris),no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Diferentes estudos realizados amosan que 7 de cada 10 nenas e nenos adoptados sofren agresións racistas na escola e, en moitas ocasións, nin as familias nin os docentes son coñecedores das mesmas. O medo ou a vergoña fai que nalgúns casos non se atrevan a contalo.

Son as familias as que normalmente dan a voz de alarma e se poñen en contacto co centro escolar para frear estas situacións e protexer aos menores. ¿Como actuar?

¿Como podemos axudar aos nosos fillos e fillas nestes casos?

¿Que ferramentas podemos ofrecerlles?

¿Existen protocolos a seguir no eido escolar?

Leer mais …

15 de Febreiro – Santiago – Obradoiro «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo ca primera sesión do obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a 1/3

  • Cales son as nosa cualidades como nais e pais?.
  • Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
  • Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
  • Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
  • Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.

DATA: 15/02/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …