Vigo – O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia I

continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Vanessa Rodríguez Pousada, membro de ASEIA: O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN. A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de … Leer mais …

Pontevedra – Obradoiro: Falamos de adopción? 1/3

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra ca primeira sesión deste obradoiro a cargo da psicóloga Ana Sieiro, titulado:  FALAMOS DE ADOPCIÓN? A todas as persoas que adoptaron, ou aquelas que están no proceso ou o teñen en mente, xurdenlles centos de preguntas. O apego, a familia … Leer mais …

Ourense – Obradoiro: O mundo dixital como referencia hoxe I

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Cristina Martínez Bernárdez, membro de ASEIA: O MUNDO DIXITAL COMO REFERENCIA HOXE: O LUGAR DE NAIS/PAIS NA EDUCACIÓN” A evolución dunha sociedade é necesaria e inquietante a partes … Leer mais …

Sábado 26 -A Coruña- Diálogo arredor dos contidos da sexualidade

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar en A Coruña, no Centro Cívico de Palavea, o vIndeiro sábado 26 de xaneiro co título:

DIÁLOGO ENTRE FAMILIAS ARREDOR DOS CONTIDOS DA SEXUALIDADE II

A cargo de DÉBORA BAZ RODRÍGUEZ, Graduada Social na Uvigo e Experta en Sexualidade Humana pola UNED. Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos. Foi relatora en múltiples xornadas, e educadora afectivo sexual en diferentes ámbitos relacionados ca educación. Ven de presentar a publicación de catro guías en escritura sinxela, “O universo da sexualidade”, “ O universo da diversidade sexual”, “O universo emocional”, “O universo da familia”, baixo encargo da fundación ADCOR.

Leer mais …

24 de Xaneiro – Ferrol – Coloquio «Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino»

Comezamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» no 2019 en Ferrol con este coloquio a cargo de Antón Mouriz, pai adoptado e coordinador do programa:

– Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…
Nesta charla/coloquio contaremos con Antón para relatarnos a súa viaxe a China no 2018. A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

        DATA: 24/01/19
        HORA: 17:00 – 19:00
        LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …