Coa fin de presentar a nosa nova andadura coma asociación de familias adoptivas e acolledoras facémosvos chegar a información sobre esta actividade que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro sábado 16 de xuño, onde disfrutaremos da estrea en Galicia do documental:
DESAMPARADOS, de María Cuenca
Que pasaría se foses un neno e os teus pais ou familia non puidesen facerse cargo de ti? En España hai 35.000 nenos en situación de desamparo e moitos outros en situación de risco. Miguel e Ulises acompáñannos nunha viaxe guiada polos seus recordos e emocións, cunha xenerosidade infinita descóbrennos en primeira persoa como é vivir dentro do sistema de protección ao menor e a vida tan diferente que lles tocou vivir tras a decisión de alguén que cambiou a vida dun deles. As luces e as sombras do sistema onde protexemos aos nosos nenos, contados tamén polos profesionais que guían ese camiño un pouco máis dificultoso a través da infancia.