6 de Xuño – Ourense – Obradoiro «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»

 

Cales son as nosa cualidades como nais e pais?.
Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?

Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.
 

DATA: 06/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte
. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …