7 de Novembro – Ourense – Obradoiro «Introdución á Disciplina Positiva»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense cun obradoiro a cargo de Pilar Rey Suárez. sobre:

– Introdución á Disciplina Positiva

A Disciplina Positiva é unha metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs. Este enfoque non inclúe nin o control excesivo nin a permisividade. Baséase no respecto mutuo e a colaboración, trátase de que podamos ensinar aos nosos fillos/as competencias básicas para a vida, de axudar aos pais e nais a entrar no mundo dos nenos/as e descubrir o que funciona e o que non.

Coa Disciplina Positiva buscamos alternativas ao castigo e está orientada ás familias que busquen habilidades de ensino a longo prazo, que queiran que os seus fillos/as poidan pensar por se mesmos/as, que sexan máis responsables e teñan máis respecto por se mesmos/as e polos/as demais.

DATA: 07/11/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

2 de Novembro – Pontevedra – Obradoiro «Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a» (3 de 3)

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra ca terceira parte, de tres, do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:

  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 02/11/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

28 de Outubro – Santiago – Charla/Coloquio «A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas»

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Sociocultural José Saramago de VITE en Santiago de Compostela o vIndeiro sábado 28 de octubro co título:

A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas

Teremos unha charla / coloquio pola maña e despois de comer (levaremos a comida de casa e comeremos alí) faremos un taller.

Leer mais …

18 de Outubro – Santiago – Taller «Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago ca segunda sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

2º sesión. Presente: As capacidades, as potencionalidades e as limitacións da nena ou neno

  • Identificando os recursos e as estratexias
  • Potenciando novas habilidades
  • Manexando as limitacións e dificultades

DATA: 18/10/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …

17 de Outubro – Lugo – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación»

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Lugo cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– «Adolescencia, adopción e comunicación»

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.

Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.

A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.

DATA: 17/10/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …