22 de Xuño – Ferrol – Obradoiro «Conectarnos. Apego, emoción e comunicación II»

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ferrol ca 2ª sesión do obradoiro a cargo de Laura Toimil, Psicóloga, e Lucía Vaquero, Educadora Social, sobre:

– Conectarnos. Apego, emoción e comunicación II

Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Algunhas cuestións relativas ao abandono e apego
• Máis alá da conduta : metas/crenzas erróneas ; retos, condutas e causas; pautas de comunicación
• Valida as miñas emocións: xestión e identificación; recursos, exemplos prácticos.

DATA: 22/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

20 de Xuño – Lugo – Obradoiro «Falamos? Como charlar cos nosos fillos sobre alcol e drogas»

Seguimos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Lugo con outro obradoiro a cargo de Leticia F. Rivero, sicóloga de «Uno Terapias»:

Falamos? Como charlar cos nosos fillos sobre alcol e drogas

  • Canto sabemos sobre o que consumimos?
  • Evolución do consumo de alcol e drogas en España
  • Causas e efectos na adolescencia
  • Adolescencia, adopción e alcol
  • Prevención e actuación, como o facemos?

DATA: 20/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

15 de Xuño – Santiago – Obradoiro «Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a»

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Santiago ca última sesión do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 15/06/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

13 de Xuño – A Coruña – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación»

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en A Coruña cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– Adolescencia, adopción e comunicación

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.

Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.

DATA: 13/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

8 de Xuño – Vigo – Obradoiro «Cómo achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a II»

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Vigo ca segunda parte do obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– «Cómo achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a II»


Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 08/06/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138
. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …