6 de Xuño – Ourense – Obradoiro «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»

 

Cales son as nosa cualidades como nais e pais?.
Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?

Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.
 

DATA: 06/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte
. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

1 de Xuño – Pontevedra – Obradoiro “Por unha relación de bo trato con nós e coas nosas fillas e fillos”

Prezadas persoas socias,
continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Pontevedra cun obradoiro dirixido por Tareixa Ledo que leva por título:

 

– “Por unha relación de bo trato con nós e coas nosas fillas e fillos”

Obxectivos

Como nais/pais, sentímonos ás veces confusas/os ante a maneira de facer das nosas fillas e fillos. Atopamos dificultade para abordar situacións conflitivas e sentímonos mesmo desbordadas/os en ocasións… Permitimos que nos envolvan en pelexas e sáenos o enfado, a impotencia e mesmo a culpa por non saber facer mellor, enfadámonos con nós mesmas/os e terminamos esgotadas/os…
Este obradoiro é un espazo para atopar ferramentas e estratexias para construír relacións de Botrato coas nosas fillas e fillos.
Imos parar con nós mesmas/os, ver como escoitarnos mellor, para saber parar con elas/es e poder escoitalas/os mellor.

Contidos xerais
Respiracións – Relaxacións – Linguaxe corporal – O corpo da dignidade O corpo das emocións – Relacións de bo tratoO obradoiro  constara de dúas sesións, 1 de xuño e 6 de xulloTraede roupa cómoda xa que faremos actividades no chan.

DATA: 01/06/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR:
Casazul: Sala Liñares. Andar 1. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

2 de Maio – Ourense – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación»

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– Adolescencia, adopción e comunicación
 

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.
Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.


DATA: 02/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte
. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

20 de Abril – Santiago – Obradoiro «Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a»

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes

DATA: 20/04/17
HORA: 17:00 – 19:30

LUGAR: 
 CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL.  Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …