Ourense – Obradoiro: O mundo dixital como referencia hoxe I

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Cristina Martínez Bernárdez, membro de ASEIA: O MUNDO DIXITAL COMO REFERENCIA HOXE: O LUGAR DE NAIS/PAIS NA EDUCACIÓN” A evolución dunha sociedade é necesaria e inquietante a partes … Leer mais …

13 de Decembro – Vigo – Obradoiro: «Disciplina Positiva 3/3»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira e última sesión, de tres, do obradoiro a cargo de Pilar Rey, sobre:

– Disciplina Positiva: educando con amabilidade e firmeza III

DATA: 13/12/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs (1920), no ano 1980 Jane Nelson e Lynn Lott escriben un manual de educación para nais e pais. Este modelo educativo axuda aos adultos a entender a conduta inadecuada das nenas e nenos.

Os criterios a ter en conta para unha disciplina positiva son:

  • Amabilidade e firmeza ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora), sen caer na permisividade e ausencia de límites
  • Conexión que axuda as nenas e nenos para ser tidos en conta e sentirse importantes
  • Eficaz a longo prazo
  • Ensina competencias sociais, respecto, interese polos demais, habilidade para resolver problemas, responsabilidade, participación, colaboración…

Axuda as nenas e nenos a que desenvolvan as súas habilidades e sexan conscientes delas

Nestes obradoiros tentaremos acadar as habilidades necesarias para poñer en práctica o aprendido sobre Disciplina Positiva.

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

24 de Novembro – Ferrol – Charla/Coloquio: «Privilexio Branco, Cara á transformación dunha sociedade antirracista»

A cargo de CARI McCAY.-

Filla adoptiva de orixe guineano e afroamericano. Vive en Barcelona onde foi adoptada por una familia catalana no 1976.

Traballadora Social (especializada en saúde mental) pola Universidade Brunel de Londres, onde traballou durante varios anos en Centros de Saúde Mental. Actualmente traballa nun servizo de mediación en temas de vivenda.

Dende fai anos adícase a impartir charlas, conferencias e obradoiros coa fin de educar e compartir experiencias con todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, están relacionadas ca adopción.

CHARLA/COLOQUIO

– 11:30 a 14:00 Salón de actos

Porqué fálase tanto do privilexio branco? Que é? Nesta charla teremos a oportunidade de coñecer e debater sobre o modo en que a sociedade favorece a uns e discrimina a outros. As vivencias e experiencias das persoas que non pertencen á maioría son a miúdo silenciadas ou descartadas. Como axudamos aos nosos fillos para vivir nun mundo que é cada día máis complexo?

XANTAR/PICNIC

– 14:30 a 16:30 Centro Cívico de Canido

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIROS PRIVILEXIO BRANCO

– 16:30 a 17:30 – INFANTO XUVENIL Salón de actos

– 17:30 a 19:30 – PARA FAMILIAS Salón de actos

Contando coa dirección de Cari plantexamos estes obradoiros onde tentar darlle respostas ás diferentes cuestións que nos plantexa o privilexio branco, dende a perespectiva das nenas e nenos adoptados e dende a das familias.

Leer mais …

22 de Novembro – Ferrol – Obradoiro «Adopción e sentimento de pertenza»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ferrol con este interesante obradoiro a cargo de Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

– Adopción e sentimento de pertenza

Neste obradoiro trataremos de revisar as nosas expectativas e prioridades coa finalidade de que os nosos fillos se sintan valiosos e apreciados.

DATA: 22/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

21 de Novembro – Pontevedra – Obradoiro «Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 3/3»

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra ca segunda sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 23/3

3º sesión. Futuro: Medos e ilusións; O qué lle espera; o que nos espera…

  • Medos e preocupacións
  • Ilusións e expectativas
  • Anticipándose ao futuro dende o presente

DATA: 21/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …