20 de Novembro – Lugo – Obradoiro «Cómo, porqué e para qué nos comunicamos cas nosas fillas e fillos adoptados dende a infancia ata a adolescencia 3/3»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Lugo ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo da psicóloga Leticia F. Rivero sobre:

– Cómo, porqué e para qué nos comunicamos cas nosas fillas e fillos adoptados dende a infancia ata a adolescencia

Sesión 3/3 “Intelixencia emocional na comunicación”

  •  Granulidade emocional
  • Comunicación na adopción e nas familias adoptivas

DATA: 20/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

15 de Novembro – Santiago – Obradoiro: «O mundo dixital como referencia hoxe: o lugar de nais/pais na educación»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Cristina Martínez Bernárdez, membro de ASEIA:

O MUNDO DIXITAL COMO REFERENCIA HOXE: O LUGAR DE NAIS/PAIS NA EDUCACIÓN

A evolución dunha sociedade é necesaria e inquietante a partes iguais, dende o plano máis biolóxico, ó máis tecnolóxico. É traballo das/os axentes educativos achegarnos para comprender estes cambios e poder traballalos, dende unha intervención comunitaria.

Nos últimos 20 anos algunhas dinámicas familiares víronse sacudidas, invadidas ou incluso substituídas, por novos axentes educacionais, que con especial forza nos últimos anos ocupan lugares de referencia que noutros tempos eran traballo das institucións, como a escola, a familia ou o propio estado.

Para poder xerar alternativas máis alá da represión ou a permisividade, será necesario ollar e entender a relación das/os nenas/os e adolescentes coas novas tecnoloxías dende o seu lugar.

As liñas de traballo básicas plantexadas son:

  • Elaborar o salto xeracional que se da nas familias no emprego das novas tecnoloxías
  • Entender que lugares de referencia se deben asumir como nais/pais
  • Coñecer os límites e concesións que estamos dispostos a poñer e cumplir no día a día
  • Medos, fantasías, proxeccións e realidades do mundo virtual
  •  As novas tecnoloxías, ¿novos modelos de conductas aditivas?

 

DATA: 15/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

A Coruña – 13 de Novembro – Obradoiro «Construcción da identidade no seo da familia»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ferrol con este interesante obradoiro a cargo de Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

– Construcción da identidade no seo da familia

Neste obradoiro trataremos de revisar de que xeito podemos axudar as nosas fillas e fillos cara a construcción, de forma positiva, da súa identidade.

DATA: 13/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

8 de Novembro – Vigo – Obradoiro «Disciplina positiva 2/3»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca primeira sesión, de tres, do obradoiro a cargo de Pilar Rey, sobre:

– Disciplina Positiva: educando con amabilidade e firmeza

DATA: 08/11/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs (1920), no ano 1980 Jane Nelson e Lynn Lott escriben un manual de educación para nais e pais. Este modelo educativo axuda aos adultos a entender a conduta inadecuada das nenas e nenos.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

6 de Novembro – Ourense – Obradoiro «O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia III»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Vanessa Rodríguez Pousada, membro de ASEIA:

O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN.

A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.

DATA: 06/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

O longo da formación traballaranse os seguintes contidos:

  • Aspectos clave na infancia a adolescencia: farase un achegamento os diferentes intres evolutivos e cambios importantes que se producen nesta etapa.
  • Pautas de comunicación: traballarase sobre aqueles aspectos que poden axudar ou empeorar a comunicación no area sexual entre nais/pais e fillas/os.
  • Mitos sobre a sexualidade: a día de hoxe os adolescentes asumen como naturais diferentes mitos que son transmitidos pola sociedade.
  • Modelos de masculinidade e feminidade no social: farase unha análise crítica dos modelos transmitidos por diferentes canles; prensa, tv, películas, literatura…

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …