6 de Setembro – Pontevedra – Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

DATA: 06/09/18
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

4 de Setembro – Ourense – O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia I

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca primeira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Vanessa Rodríguez Pousada, membro de ASEIA:

O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN.

A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.

Leer mais …

26 de Xullo – Ferrol – Coloquio: «Adopción e escola»

Ccontinuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago con este interesante coloquio a cargo da Equipa de educación de MANAIA: – Adopción e escola O día a día na escola: A importancia do grupo-clase Dentro e fóra da aula As tarefas escolares en casa Exames e horas de … Leer mais …

10 de Xullo – A Coruña – Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 3/3

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña ca terceira e última sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 3/3

3º sesión. Futuro: Medos e ilusións; O qué lle espera; o que nos espera…

  • Medos e preocupacións
  • Ilusións e expectativas
  • Anticipándose ao futuro dende o presente

DATA: 10/07/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

3 de Xullo – Ourense – Acompañar o proceso madurativo das nenas e nenos desde a práctica psicomotriz vivenciada

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense con este interesante obradoiro a cargo da pedagoga Eva Gómez:

– Acompañar o proceso madurativo das nenas e nenos desde a práctica psicomotriz vivenciada

A través desta proposta, trataremos de realizar un achegamento aos procesos de desenvolvemento do neno/a, do seu percorrido vital para facerse persoa desde o corpo e a orixinalidade desta práctica, que fai dela unha vía privilexiada de entendemento e axuda ao neno/a.

O neno/a constrúese a partir do corpo, e o medio a través do cal aprende, comunícase, coñece o entorno e a si mesmo. Nos 6/7 primeiros anos de vida, o neno/a constrúe a base fundamental na que se xesta a expresividade das emocións e dos afectos primarios, confórmase o corpo e as súas manifestacións, cando se pon a base para todo o desenvolvemento posterior e a formación da súa personalidade.

Este proceso de construción da identidade é complexo e nel poden xurdir dificultades motivadas por múltiples factores, sendo unha das posibles causas que no momento de chegar a este mundo, o bebé non tivera un outro axustado a satisfacer as súas necesidades orgánicas e afectivas, un outro que o sostivera e o envolvera que o protexera. Esta relación de dependencia inicial, sitúa as vivencias corporais dos nenos/as, nun primeiro plano do desenvolvemento.

Desde a Práctica Psicomotriz Vivenciada, trátase de entender a maneira específica que cada neno e nena ten de manifestar a súa estrutura somática, afectiva e cognitiva a través da súa expresividade motriz a cal nos falará das pegadas que a súa historia deixou no seu ton corporal, no seu eixe, no seu equilibrio, no seu sorriso, ritmo, curiosidade e desexo
de acción.

DATA: 03/07/18
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Leer mais …