26 de Maio – Santiago – Charla/Coloquio: “Diálogo entre familias arredos dos contidos da sexualidade”

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, o vindeiro sábado 26 de maio co título:

DIÁLOGO ENTRE FAMILIAS ARREDOR DOS CONTIDOS DA SEXUALIDADE

A cargo de DÉBORA BAZ RODRÍGUEZ

Graduada Social na Uvigo e Experta en Sexualidade Humana pola UNED. Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos. Foi relatora en múltiples xornadas, e educadora afectivo sexual en diferentes ámbitos relacionados ca educación. Ven de presentar a publicación de catro guías en escritura sinxela, “O universo da sexualidade”, “ O universo da diversidade sexual”, “O universo emocional”, “O universo da familia”, baixo encargo da fundación ADCOR.

Leer mais …

15 de Maio – Lugo – OBRADOIRO: Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en A Coruña ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

DATA: 15/05/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

10 de Maio – Vigo – OBRADIRO : A influencia das túas experiencias pasadas na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a 3/3

Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Vigo ca terceira e última sesión do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a III

  • Cales son as nosa cualidades como nais e pais?
  • Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
  • Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
  • Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
  • Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.

DATA: 10/05/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

8 de Maio – A Coruña – OBRADOIRO: Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en A Coruña ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

DATA: 08/05/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

3 de Maio – Pontevedra – Obradoiro: “Unha viaxe a China”

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra cun obradoiro a cargo de Bea, nai adoptiva, que leva por título:

– Unha viaxe a China. Regresar ao pasado para construir o futuro

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…

Nesta charla/coloquio contaremos con Bea, nai adoptiva de unha nena e un neno de orixe chinés, para relatarnos a súa viaxe a China no 2017. A través da súa experiencia tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

DATA: 03/05/18
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …